Formoso reivindica unha política eólica "que permita deixar valor no territorio"

Asegura que o PSdeG "apostará por aquelas firmas que tamén aposten por este país".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2022 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou unha política de desenvolvemento de enerxía eólica que "permita deixar valor no territorio". Así o dixo na visita á factoría GRI Renewable Industries, no Carballiño, á que puxo como expoñente do "potencial industrial" da vila ourensá.

Formoso sinalou á firma de compoñentes eólicos como "indicativo" da importancia do sector cando "aposta por achegar valor no territorio no que se implanta" e como "o garantizador de emprego para centos de familias da contorna". Neste contexto incidiu na importancia de "non favorecer á especulación" cos eólicos e "tampouco renunciar ao único compoñente enerxético relevante que ten Galicia", co que, asegurou, "podemos facernos autosuficientes enerxeticamente".

O líder dos socialistas galegos expuxo que "non basta" con implantar parques eólicos, senón que "é necesario apostar por unha política que permita deixar valor no territorio". Así sinalou tanto aos propietarios dos terreos nos que se implantan os parques, como nos resultados que se obteñan e "sobre todo pola carga laboral derivada da implantación destes parques".

"MOITO CAMIÑO POR PERCORRER"

"Queda moito camiño por percorrer", dixo González Formoso respecto do desenvolvemento do sector, pero subliñando que "o Partido Socialista ten claro que apostará por aquelas firmas que tamén aposten por este país". Así o fixo saber durante a visita á empresa do Carballiño na que estivo acompañado polo rexedor municipal da vila, Francisco Fumega, e pola alcaldesa de Vimianzo e secretaria de emprendimiento e dinamización económica da executiva do Partido Socialista de Galicia, Mónica García.

Eólicos en Paradela
Eólicos en Paradela | Fonte: Cedida - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta