Por E.P. | PONTEVEDRA | 23/03/2022 | Actualizada ás 21:08
Esquerda Unida trasladou que considera "insuficiente" a destitución da que era comisaria xefe da Policía Nacional en Pontevedra, Estíbaliz Palma, e esixiu a apertura dun expediente disciplinario. Palma foi destituída despois de transcender que pronunciou unhas polémicas palabras durante unha comida en Vigo en relación ao sucesido durante as manifestacións do procés.
"Houbo 48 horas en que parecía que a Policía Nacional se transformou e, de súpeto, violaba, maltrataba e non sei que cantas cousas facía máis, que xa lles gustaría a algunhas que as violase un UIP (antidisturbios)", dixo.
EU ve "gravísimas" estas manifestacións e sinala, ademais, que o seu cesamento como comisaria non implica a súa separación do corpo policial, polo que piden un expediente e "as máximas consecuencias previstas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.