Advirten da destrución de varios cauces do complexo húmido do Xalo pola construción dunha gran balsa

Esta balsa está impulsada pola central hidroeléctrica de bombeo de Coventina Renovables ou Tasga,

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/03/2022 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

Veciñanza de Meirama e entidades e asociacións ambientais galegas opóñense á central hidroeléctrica de bombeo de Coventina Renovables ou Tasga, por afectar ao Complexo húmido do Xalo: Braña Grande e Brañas do Torreiro e poñer en risco os recursos hídricos da cunca do río Barcés.

Plano do proxecto da balsa que se quere construír no complexo húmido do Xalo
Plano do proxecto da balsa que se quere construír no complexo húmido do Xalo | Fonte: remitida

Nun comunicado denuncian que Tasga prevé no proxecto a instalación do vaso ou balsa superior e a entulleira sobre a Braña Grande e as Brañas do Torreiro. Por iso, din,  o nacemento de cauces como o rego do Biduído e o rego da Porta Antiga ficarían debaixo da entulleira coa eliminación destes. O proxecto realízase nunha vaguada que supón a eliminación do rego Biduído e o seu val fluvial.

Tamén aseguran que as excavacións do vaso superior poderían afectar incluso ao rego da Orca que drena as Brañas de San Bartolomé. "Tanto a entulleira como a balsa destruen a montaña do Xalo", suliñan ao tempo que indican que a empresa prevé o aproveitamento da totalidade da auga do lago (148 hm3), agás os 24 hm3 que reservará para o abastecemento humano da cidade da Coruña. 

"Calquer contratempo na diminución do nivel de auga do lago, sobre todo en periodos de seca prolongada consecuencia do cambio climático acelereado compromete  os cauces da entorna, en especial o rego Barcés, que abastece ao encoro de Abegondo –Cecebre, espazo da Rede Natura 2000", afirman. 

Por iso, solicitan á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia a protección do Complexo húmido do Xalo: Braña Grande, Brañas do Torreiro, Brañas de San Bartolomé e a protección dos recursos hídricos da cunca do río Barcés, incluido o rego Biduído e o seu val fluvial.

Entre as entidades ecoloxistas que están en contra do proxecto están: 

1. Salvemos o Val de Barcia e Monte Xalo

2. Veciños polo Rural, de Rodís

3. SOS Encrobas

4. Asociación ambiental “O Ouriol” do Anllóns

5. Plataforma Bergantiñá pola Defensa da Terra

6. Plataforma Quijote

7. APEOM Outes

8. Ecoloxistas en Acción Galicia Sur 

9. Asociación ambiental Contramínate de Laxe

10. Ecoloxistas en Acción Costa da Morte

11. Plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non

12. Salvemos o Iribio

13. Ecoloxistas en Acción Lugo

14. Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre "Con-Ética"

15. Víctimas de la Justicia

16. Movimento ecoloxista da Limia (MEL)

17. Asociación galega Cova Crea

18. Plataforma veciñal O Cerqueiral

19. Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde

20. Aire Limpo Mariña do Mandeo

21. Ecoloxistas en Acción Sarria-Monforte

22. Asociación A-Legre

23. Cerdido di Non

24. Ortegal Di Non

25. Afectados de Paderne

26. Amigas das Cegonhas

27. Plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova

28. Asociacion Soutovello da Bola

29. Amig@s da Paisagem de Galiza-Norte de Portugal

30. Asociación ambiental Petón do Lobo

31. Sindicato Labrego Galego

32. Anova

33. Instituto de Estudos Minhoráns (IEM)

34. Plataforma SOS GROBA

35. Ecologistas en Acción A Coruña

36. Ecoloxistas en Acción a A Mariña

37. Monfero di Non

38. Afectados polos Eólicos Vilaboa

39. Cabanas di Non

40. Comuneros do Chá

41. A Capela di Non

42. Plataforma galega para a Defensa Animal e da Natureza

43. ADECOM

44. Rede do Rural 

45. Asociación Cultural Roxín Roxal. 

46. Colectivo Terra

47. MoveNeda

48. Plataforma Terra Chá

49. Ecoloxistas en Acción Galiza Centro

50. Ecoloxistas en Acción O Ribeiro

51.        Comité de Defensa das Rías Altas 

52.       Ecoloxistas en Acción Ortegal.

53.       Club de Montañismo Montañas de Trevinca

54.        FEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta