Comesaña desconfía da desescalada anunciada polo Goberno: "segue habendo moitos positivos"

Defende "normalizar" a vixilancia, pero "paso a paso", e chama á prudencia ante o anuncio de Sánchez de que deixará caer as máscaras proximamente.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/03/2022 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, apelou este xoves á "prudencia" coa aplicación da nova estratexia de vixilancia e control fronte á Covid-19 aprobada polo Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas esta semana --que entrará en vigor o luns 28 de marzo-- debido ao contexto actual tras rexistrarse máis de 2.500 contaxios en Galicia --que non baixa dos 2.000 diarios desde o 16 de marzo--.

Así o manifestou o titular de Sanidade antes de acudir á reunión do Consello da Xunta para presentar un seminario web de Saúde Pública dedicado a explicar a xornalistas o novo protocolo aprobado, en cuxa intervención defendeu "normalizar" a vixilancia e o control desta enfermidade, pero con "pasos un a un", á vez que rexeitou a "urxencia de aplicación" a partir do luns, aínda que afirmou que a Comunidade galega sumarase.

Para Comesaña o protocolo que se aplicará a partir do luns, que pon fin con carácter xeral aos illamentos dos positivos, salvo en excepcións de poboación vulnerable, representa "un cambio moi importante" tras a supresión das corentenas fai un par de semanas. Respecto diso, lembrou que Galicia reclamara hai semanas a rebaixa dos illamentos dos casos positivos de sete a cinco días e díxoselle que "era imposible" porque ía "moi rápido", incidiu o conselleiro. "Hai un mes falouse de quitar calquera tipo de illamento, no canto de baixar de sete a cinco días o illamento", abundou o titular de Sanidade en relación ao traballo do Ministerio de Sanidade coas comunidades.

Así, explicou que este pasado martes "foi aprobado con urxencia de aplicación" este cambio no protocolo de manexo de casos Covid que, remarcou, Galicia "non compartía". "Estamos a favor deste paso, pero non de dar todos os pasos xuntos", aclarou.

MÁSCARAS

Neste sentido, Comesaña incidiu na aposta de "deixar polo menos 15 días" entre os pasos "para ver os efectos". Neste sentido, aludiu a que a retirada do uso das máscaras en interior que non se decidiu no encontro desta semana entre Sanidade e as comunidades. "Aínda non era o momento", afirmou.

En relación ao sinalado por parte do Ministerio de Sanidade de que "só falta o OK de Fernando Simón para quitalas", Comesaña manifestou que "non debe ser así". Por iso, insistiu en "ir dando pasos uno a un, cun tempo no medio" co fin de "ver os resultados destas medidas". "É no que estamos", engadiu o conselleiro.

Con todo, asegurou que a Xunta aplicará en Galicia os cambios con "prudencia" polo contexto epidemiolóxico actual con máis de 2.500 positivos nun día e 2.200 o mércores. "Segue habendo moitos casos positivos a diario", advertiu, para lembrar que a Comunidade galega na actualidade rexistra todos os casos de Covid, polo que se sitúa entre as autonomías con "maior incidencia".

Ademais, recoñeceu que, ademais dos máis de 2.000 positivos diarios en Galicia, foi rexistrado un "repunte na hospitalización". Comesaña explicou que agora "a incidencia acumulada non serve porque non se mide ben" en toda España, á vez que matizou que a Comunidade galega "si mide de modo correcto".

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña / Conchi Paz - Xunta de Galicia. / Europa Press
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña / Conchi Paz - Xunta de Galicia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta