A Garda Civil amplía dotación contra a violencia de xénero na provincia da Coruña

Contarán con dez novos equipos de loita, que se traducen en 30 efectivos máis.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2022 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

A Garda Civil contará con dez novos equipos de loita contra a violencia de xénero, con 30 gardas civís, na provincia coruñesa, segundo informou a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, na presentación das unidades xunto ao coronel xefe da Comandancia da Garda Civil nesta provincia, Francisco Javier Jambrina.

No acto, a subdelegada lembrou que, actualmente, son 1.888 as vítimas de violencia de xénero con casos activos na provincia e precisou que os novos servizos estarán en Cambre, Betanzos, Mugardos, Milladoiro, Ordes, Melide, Noia, Boiro, Corcubión e Carballo. Os obxectivos dos novos equipos serán mellorar a calidade da atención ás vítimas e a coordinación cos policías locais e intensificar o seguimento de cada caso tanto para vítimas como para agresores.

"As vítimas terán un novo apoio", remarcou a subdelegada, que manifestou que a loita contra a violencia de xénero e a igualdade son "claves" para o Goberno. Sobre estas unidades, dixo que os axentes con especializacion traballarán coa situación específica de cada victima de forma personalizada".

Pola súa banda, o coronel xefe da Comandancia da Coruña Francisco Javier Jambrina precisou que se dará unha resposta "máis especializada" porque, ademais dos postos existentes na Benemérita, as vítimas poderán facer uso destas novas unidades. "Terán a opción de ir a un punto máis especializado e cunha resposta máis profesional", apuntou.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, preside a presentación das novas unidades  na provincia para casos de violencia de xénero. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, preside a presentación das novas unidades na provincia para casos de violencia de xénero. SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta