A Coruña ofrece unha páxina web con información en ucraíno aos servizos de axuda a refuxiados

Por E.P. | A Coruña | 24/03/2022 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña incorporou unha páxina web con información en ucraíno aos servizos de axuda aos refuxiados, segundo informou a alcaldesa, Inés Rey, que este xoves visitou a Oficina Municipal de Apoio ao Pobo Ucraíno, situada nas instalacións que o consistorio ten na rúa Matadoiro.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, visitan a Oficina Municipal de Apoio ao Pobo Ucraíno
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, visitan a Oficina Municipal de Apoio ao Pobo Ucraíno | Fonte: Concello da Coruña.

Esta nova ferramenta en liña está dispoñible en galego, castelán e ucraíno. Haberá información para o pobo ucraíno como os seus dereitos de protección temporal, contacto coa entidade delegada na cidade (ACCEM) e ligazóns de interese como solicitudes de cita previa coa Policía.

Por outra banda, os que desexen colaborar poderán facelo a través desta páxina web mediante doazóns ás entidades colaboradoras do Concello, como a FEGAMP, ACCEM, Sen Valos, Cruz Vermella, AGA Ucraína ou Ecos do Sur.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta