Localizan o cadáver momificado dunha muller nunha vivenda de Narón

Podería tratarse da inquilina dun piso situado na zona do Ponto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2022 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

Unha comisión xudicial autorizou á primeira hora da tarde deste xoves o levantamento dun cadáver case momificado, que foi localizado no interior dun piso emprazado no número 669 da estrada de Castela, en Narón.

A voz de alarma deuna o propietario da vivenda logo de que a inquilina á que lle tiña arrendada a casa non lle volvese a pagar o aluguer desde o mes de novembro, algo que lle estrañou xa que ata a data a muller sempre abonara a cantidade acordada en prazo.

Tras varios meses, o home puxo en coñecemento de axentes policiais o que lle pasaba, desprazándose ao piso da zona do Ponto, na parroquia de Piñeiros, para abrir na súa presenza, tanto da Policía Nacional como Policía Local de Naron, a súa vivenda.

MULLER DE 65 ANOS

Xa no interior descubriron un cadáver, que en principio se supón que pode corresponder á moradora, M. A. C. M, nacida en febreiro de 1956 e que, por tanto, cumpriría 66 anos o pasado mes.

Fontes consultadas por Europa Press detallaron que o cadáver foi trasladado ao Hospital Naval de Ferrol, para realizarlle a proba do coronavirus e posteriormente será levada ao Hospital Ribeira Juan Cardona para poder efectuarlle a autopsia.

Coche patrulla da Policía Nacional
Coche patrulla da Policía Nacional | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta