Finde poético e teatral en Allariz

Dúas interesantes actividades lévannos a anotar na axenda os días 26 e 27 de marzo para achegarnos á vila do Arnoia. Unha xornada poética, ‘Ponme un poema!, para o sábado tarde, e a proposta escénica ‘Divas de Diván’ programada para o domingo.

Por X.M. Fernández | Allariz | 26/03/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Este sábado 26 de marzo terá lugar en Allariz a actividade ‘Ponme un poema!’poesía en barra-- un roteiro poético que comezará ás 19:30 h. e rematará ás 21:30 h. cun concerto-foliada a cargo de ‘Pandereiteiras Zutra’. A protagonista do recital itinerante será a poeta Olga Novo e o percorrido fará tres paradas: A despensa do Alarico, Fío de liño e Casa Pepiña.

Divas de diván no Círculo Saviñao. Foto: Enrique Sampil
Divas de diván no Círculo Saviñao. Foto: Enrique Sampil

Con esta edición será xa a novena deste evento que se fai posible grazas ao público asistente e aos establecementos colaboradores devanditos.

DIVAS DE DIVÁN

E para o domingo 27 ás 19:00 h. outra proposta para non perder. A compañía Tarabela Creativa trae á Casa da Cultura de Allariz a súa montaxe “Divas de diván”. O espectáculo forma parte da programación de actividades do Concello de Allariz co gallo do 8M.

Para reservas de entradas o concello recomenda facelo no teléfono 988 554059 ou no correo fogardosmaiores@allariz.gal

SOBRE O ESPECTÁCULO

Nas culturas celta, babilonia, sumeria, etrusca, nipona, azteca, semita,
mesopotámica, exipcia, chinesa, xermánica, nórdica, lituana, grega e romana, o pobo rendeu culto a distintas deusas da sexualidade, os desexos e mailo pracer. En Galicia, nos tempos que corren, a carnalidade e o instinto teñen templo en case cada casa no corpo de cada muller. Non é o mesmo ser divinidade que diva…

Por sorte, as divas que fan posible esta función son Vero Rilo, Ángeles Goás e Carmen Conde, tres narradoras que van contando as súas historias ‘picantes’ do imaxinario galego mentres pican queixo de tetilla, comparten uns chouriciños e proban unhas copas de licor café.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta