A Xunta bota man de seis 'influencers' para promocionar o Camiño de Santiago

O proxecto busca transmitir a mensaxe de que "Galicia está de moda" e de que é "un destino seguro", explicou Alfonso Rueda no acto de presentación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2022 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

A actriz Cristina Castaño, os cantantes Luís Cepeda e Roi Méndez e os "influencers" Natalia Maquieira, Tamara García Romeu e Xurxo Carreño --que xa acudira na primeira edición-- participarán na segunda edición de 'Instagramers no Camiño' co obxectivo de facer chegar a experiencia do Camiño aos seus máis de 3,6 millóns de seguidores, que suman entre os seis.

Este seis "instagramers" percorrerán entre o 30 de marzo e o 3 de abril, desde Ourense, os últimos 100 quilómetros da Vía da Prata e contarán a través das súas redes sociais as súas vivencias diarias no Camiño nos seus perfís de Instagram baixo os 'hashtags' #GaliciaDestinoSeguro e #CamiñaAGalicia.

A Xunta puxo un ano máis en marcha esta iniciativa con seis galegos "influencers" nas redes sociais porque consideran que serán "os mellores embaixadores do Camiño" e un apoio "moi importante" para chegar ás xeracións máis novas que empregan as redes como ferramenta para comunicarse.

Na presentación desta iniciativa, este sábado no Pazo de Liñares, en Lalín, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que este proxecto mantén a esencia de transmitir a mensaxe de que "Galicia está de moda" e de que é "un destino seguro" para gozar tanto como turista ou como peregrino da "natureza, de espazos abertos e de pouca masificación".

13 MILLÓNS DE IMPACTOS EN REDES

Ademais, Rueda puxo en valor que a primeira edición desta iniciativa alcanzou máis de 13 millóns de impactos procedentes dalgunha das publicacións que os participantes subiron ás súas redes durante a súa peregrinación, que o ano pasado transcorreu polo Camiño Portugués da Costa.

A Xunta pretende que esta acción sexa unha oportunidade para promover, no inicio da tempada alta do Xacobeo 21-22 e coa proximidade da Semana Santa, que Galicia celebra un "Ano Santo dobre".

Nesta mesma liña, Alfonso Rueda explicou que o labor de promoción que realiza a administración autonómica neste ámbito contribuíu a que Galicia se convertera o ano pasado nun "destino de moda" e se situase entre as comunidades con maior recuperación da demanda turística, superando mesmo en agosto as cifras prepandemia.

A Xunta presenta a 2ª edición de 'Instagramers non Camiño'. XUNTA DE GALICIA - LUÍS POLO
A Xunta presenta a 2ª edición de 'Instagramers non Camiño'. XUNTA DE GALICIA - LUÍS POLO | Fonte: Europa Press

CAMIÑO SEGURO

Pola súa banda, a directora de Turimo de Galicia, Nava Castro, garantiu este sábado o compromiso da Xunta "para facer o Camiño de Santiago máis atractivo, sustentable, accesible e seguro". Castro expresouse así na clausura do XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos, que se celebrou este sábado en Santiago. "Temos o enorme privilexio e tamén a gran responsabilidade de ser a meta de todas as rutas do Camiño de Santiago, por iso temos tamén a gran responsabilidade de seguir traballando na súa conservación e posta en valor", afirmou. 

Na última sesión abordouse a importancia do Camiño Portugués, "un dos máis transitados nos últimos anos", así comode a revalorización do Camiño do Norte, con patrimonio tan valioso como a Catedral de Mondoñedo. Tamén se tratou o importante papel e función dos comités, centros de estudos e revistas no renacemento das peregrinacións compostelás, así como da proliferación das asociacións e confrarías xacobeas no mundo latinoamericano, o que reflicte a globalidad do Camiño e o seu espírituuniversal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta