As confrarías galegas piden rebaixar o litro de gasóleo "como mínimo" 35 céntimos

Volveron insistir en demandar a exoneración das cotas da seguridade social.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/03/2022 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Confrarías de Pescadores solicitou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación unha rebaixa de "como mínimo" 0,35 céntimos por litro de combustible. Así o acordou a xunta xeral da Federación, reunida de forma extraordinaria e urxente este sábado para analizar a situación do sector ante a subida do prezo do combustible.

Ademais, volveron insistir en demandar a exoneración das cotas da seguridade social como mínimo ata o mes de xuño, un aspecto revisable a partir dese mes. As confrarías galegas tamén acordaron participar na reunión da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, que está previsto que se convoque despois de que manteñan, a próxima semana, un encontro co ministro Luís Planas para analizar a proposta recibida. No caso de non ser atendidas as súas demandas, anunciaron que valorarán outras medidas "máis contundentes".

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, xa avanzou esta semana a intención do Goberno de articular unha serie de medidas para axudar o sector pesqueiro polo incremento de prezos do combustible que estarán incluídas no 'Plan de resposta ás consecuencias da guerra en Ucraína', que está previsto que se aprobe o vindeiro martes 29 de marzo.

Unha persoa camiña polo porto de Celeiro, a 8 de marzo de 2022, en Viveiro. Carlos Castro - Europa Press
Unha persoa camiña polo porto de Celeiro, a 8 de marzo de 2022, en Viveiro. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta