Xulgan os organizadores dun festival en Miño por non dar de alta o persoal

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2022 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o xoves, día 31, ás 09,45 horas, un xuízo contra dous empresarios por un delito contra os dereitos dos traballadores. En concreto, xúlgase aos organizadores dun festival en Miño que, segundo o escrito de cualificación fiscal, non deron de alta aos seus traballadores na Seguridade Social.

Por uns feitos ocorridos en 2017, afirma que "durante os días nos que durou o evento estiveron a traballar na organización do festival un total de 11 persoas, especialmente dedicadas a prestar servizos no bar". Inspección de Traballo realizou unhas visitas en compañía da Garda Civil e atopouse empregadas a 10 persoas "sen estar ningún dado de alta na Seguridade Social polos acusados con carácter previo ao comezo da actividade". A Fiscalía pide dous anos de cárcere para cada un deles.

Audiencia Provincial da Coruña.
Audiencia Provincial da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta