Feijóo contra o plan de Sánchez: "A baixada de impostos é o primeiro compromiso incumprido"

O candidato a presidir o PP queixouse de que os populares non están a recibir información concreta desde o Executivo central e coñecen os detalles pola prensa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/03/2022 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e candidato a liderar o PP, Alberto Núñez Feijóo, reprobou o plan anunciado polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para facer fronte á crise económica e á alza de prezos que se vive en España, co transfondo da guerra de Ucraína.

En declaracións aos medios en Ourense, preguntado acerca de se o PP vai apoiar este plan, replicou que "os acordos" alcanzados no marco da Conferencia de Presidentes da Palma "non se cumpren" --"a baixada de impostos é o primeiro compromiso incumprido", queixouse-- e resaltou que Sánchez regresou de Europa cun "non" á súa proposta enerxética e co compromiso de remitir unha nova.

Ademais, Feijóo queixouse de que os populares non están a recibir información concreta desde o Executivo central e coñecen os detalles pola prensa. "Onte pola tarde o Goberno púxose en contacto coa portavoz do Grupo Parlamentario Popular e deulle información xenérica, pouco concreta. Decatámonos máis polos medios que polo propio Goberno", aseverou.

DISPOSTO A ESTUDAR CALQUERA PROPOSTA

"Á proposta do presidente do Goberno que levou ao Consello Europeo de desconectar o prezo do gas do mix enerxético, Europa dixo non. Agora ten España un mes para presentar outra proposta. As propostas do Goberno non foron apoiadas pola UE", recalcou.

"Desde o punto de vista da enerxía, da empresa, dos autónomos e das familias, o Goberno non obtivo o 'plácet' da UE", agregou, antes de subliñar que tampouco se "cumpren" as promesas adquiridas na Palma. "A baixada de impostos é o primeiro incumprimento que podemos constatar", dixo.

En todo caso, ante calquera nova proposta, Feijóo asegurou que os populares a estudarán "coa rigorosidade e seriedade" que merece, pero insistiu nos "antecedentes" non son moi favorables. "Temos que seguir esperando para que se nos explique que se vai a facer tras un ano de incremento de prezos do 7,6%", resolveu.

O candidato á presidencia do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, intervén durante un acto celebrado con afiliados do PP en Pamplona. Eduardo Sanz - Europa Press
O candidato á presidencia do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, intervén durante un acto celebrado con afiliados do PP en Pamplona. Eduardo Sanz - Europa Press | Fonte: Europa Press

PPdeG E PSdeG

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, criticou que, á espera de coñecer as medidas que este martes aprobe o Consello de Ministros, o Goberno de Pedro Sánchez "chega tarde", fronte á "axilidade e rapidez" da Xunta de Galicia; mentres que os socialistas reivindicaron o plan do Executivo estatal.

En rolda de prensa este luns, Puy cualificou de "fracaso" o acordo do presidente do Goberno en materia enerxética, que asegura supón "illar a España do mercado enerxético europeo" e que "aínda está pendente da súa materialización" e do "visto e prace" por parte dos socios comunitarios.

Pedro Puy insistiu en que o Executivo galego xa adoptou medidas como o Bono Social Térmico, a inxección de liquidez ao sector gandeiro pola vía do financiamiento circulante e de anticipo de axudas ou o apoio a pequenas e medianas empresas a través do IGAPE, entre outras.

Neste sentido, o portavoz popular explicou que as consecuencias da crise motivada pola guerra de Ucraína xa ven reflectidas en solicitudes de ERTES que, segundo relatou, presentáronse 94 ante a Consellería de Emprego desde o pasado 24 de febreiro e que afectan a diferentes sectores como o metalúrxico, o madeireiro, a automoción ou o pesqueiro.

O PSDEG CRITICA A "PASIVIDADE" DA XUNTA

Pola súa banda, o portavoz socialista, Luís Álvarez, comparou a "pasividade do Goberno galego" fronte á "intensa axenda" do presidente de España para que a Comisión Europea "desbloquease as medidas enerxéticas" para España e Portugal e o paquete de 6.000 millóns anunciado este luns por Pedro Sánchez.

Ademais, lamentou que as medidas do Executivo de Núñez Feijóo son "cosméticas" e con "pouco impacto económico e tachou de "desvergoña" e de "rozar o insulto" ofrecer aos sectores afectados pola crise "un bono turístico".

Nesta mesma liña, volveu a comparar estas iniciativas da Xunta cos "6.000 millóns en axudas directas e incentivos fiscais ou a liña de 10.000 millóns a través do Instituto de Crédito Oficial" que puxo sobre a mesa o Goberno central para facer fronte ao impacto da crise.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta