Por E.P. | PONTEVEDRA | 28/03/2022 | Actualizada ás 18:00
A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu un home acusado dun delito continuado e agravado de abuso sexual á súa sobriña menor de idade, que padece unha minusvalía do 42%. Segundo informa o alto tribunal galego, con iso revoga a sentenza ditada por parte da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra en relación a uns feitos entre os anos 2016 e 2019 polos que foi condenado en instancia a dez anos e seis meses de prisión.
Agora, a Sala do Civil e Penal do TSXG considera que "non é factible construír o xuízo de autoría do acusado con arranxo a un discurso sólido e expresivo do grao de certeza esixido para fundamentar a súa condena polo imputado delito". No entanto, contra o fallo do alto tribunal galego cabe interpor recurso de casación ante a Sala Segunda do Tribunal Supremo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.