O Colexio de Xornalistas convoca a segunda edición do Premio "Somos Esenciais"

Pretenden reivindicar o labor das e dos profesionais da comunicación durante a pandemia da Covid-19.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/03/2022 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Xornalistas, coa colaboración de Gadis, convoca por segundo ano o Premio de Xornalismo "Somos Esenciais", que reivindica o labor das e dos profesionais da comunicación durante a pandemia da Covid-19.

Paco González Sarria, novo decano do CPXG xunto ao saínte, Xosé Manuel Pereiro e o secretario, Darío Janeiro
Paco González Sarria, novo decano do CPXG xunto ao saínte, Xosé Manuel Pereiro e o secretario, Darío Janeiro | Fonte: CPXG

O certame recoñecerá o traballo xornalístico máis salientábel dende o punto de vista informativo e de servizo público, e a el poderán presentarse todos os e as xornalistas e fotoxornalistas que publicaran ou emitiran traballos relacionados coa pandemia en Galicia ao longo do ano 2021.

As candidaturas deben presentarse antes das 14:00 horas do xoves 19 de maio a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda.

De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. Establécese un único premio de 1.500 euros, aínda que o xurado poderá facer as mencións especiais aos traballos que considere oportunos.

Na primeira edición do Premio "Somos Esenciais" resultou gañadora a xornalista Isabel Bravo co traballo "Cando as preguntas aínda non tiñan resposta", emitida na Radio Coruña - Cadena SER.

Concedeuse tamén unha mención especial como finalista á reportaxe "La uci del covid, desde dentro: "No somos héroes", publicada por Ángel Pastrana en La Voz de Galicia. Un total de 39 pezas, de todos os formatos xornalísticos e con distintos enfoques, foron presentadas ao premio na edición do ano pasado, destacando o xurado a alta calidade de todos os traballos presentados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Xa que falamos de Gadis gostaríame saber a que responde a bárbara suba de prezos deste supermercado ? Na última semana deberon pasarse ao conglomerado da especulación aproveitando o río revolto da folga do transporte. Non entendemos que co supermercado medio baleiro os prezos se disparen para limpar os almacéns de Gadis ! Aquí o que non correo, voa... E logo regalan 1.500 € para limpar a súa imaxe ?

1 Gamela

Se somos esenciais por que se nos oculta baixo muros de pago ? Especialmente nos medios que reciben moreas de cartos públicos en calidade de Medios de Comunicación Social ? Eu pensaba que un Sindicato de Xornalistas estaría máis atento á realidade da profesión en Galicia ! Pero xa vemos que a cousa vai de Gadis !