A Xunta destina 1,7 millóns a axudas extraordinarias para persoas retornadas

Inclúen 500 euros para acceso a vivenda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2022 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este martes a liña de axudas extraordinarias ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración que contará cun orzamento de case 1,7 millóns e que terá como obxectivo axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do regreso a Galicia.

Como novidade, segundo destacou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, establécese unha axuda de 500 euros por unidade familiar destinados a facer fronte aos gastos derivados das primeiras xestións necesarias para facilitar o acceso a unha vivenda

As beneficiarias serían as persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, se establezan en Galicia, tanto os nados na propia comunidade autónoma como os seus cónxuxes ou descendentes. A maiores, deben contar tamén con empadroamento en Galicia e residir legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á data do seu retorno. A data de regreso debe ser a partir do 1 de xaneiro de 2020.

Case 150 emigrantes en Latinoamérica volven a Galicia décadas despois. EUROPA PRESS - Arquivo
Case 150 emigrantes en Latinoamérica volven a Galicia décadas despois. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta