Condenado a 9 anos de prisión un home por maltratar e agredir sexualmente á súa parella

A vítima creou un "sentimento permanente de medo e temor". Ademais, ao acusado prohíbeselle aproximarse á vítima a menos de 100 metros nun prazo de 12 anos.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 29/03/2022 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a nove anos e tres meses de prisión a un acusado de maltratar e agredir sexualmente á súa parella, coa que estivo casado aproximadamente 28 anos ata 2019.

As maxistradas sinalan na sentenza que o comportamento do sospeitoso "foi consciente e directamente dirixido a minguar o libre desenvolvemento da vida e da persoa" de quen era a súa parella durante o momento dos feitos, "a quen fixo obxecto dos seus desexos e imposicións por medio da violencia, tanto psíquica como física".

Nos feitos probados dun fallo con data de 28 de marzo de 2022, recóllese que durante toda a convivencia matrimonial, "pero sobre todo transcorridos os oitos primeiros anos de matrimonio", era frecuente que o individuo humillase e insultase á muller. Tamén era habitual que, coa presenza das súas fillas no domicilio habitual, dese golpes, patadas e empuxóns á muller, á que agarrou polo pescozo e o pelo en varias ocasións. "Todo iso cunha frecuencia que dependía de como chegase de embriagado o acusado", relata o fallo.

Todo iso ocasionou na vítima un "sentimento permanente de medo e temor". Ademais, prohíbeselle aproximarse á vítima a menos de 100 metros nun prazo de 12 anos.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta