O PP impide investigar as adxudicacións da Xunta á empresa dirixida pola irmá de Feijóo

A formación négase tamén a que o Consello de Contas faga un informe sobre os contratos e convenios de publicidade acordados pola Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2022 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

O PPdeG rexeitou unha batería de propostas realizadas pola oposición de fiscalización a cargo do Consello de Contas, entre as que se atopaban as contratacións públicas adxudicadas á empresa Eulen desde 2009, da que é directiva a irmá de Feijóo, así como a elaboración dun informe sobre os contratos e convenios de publicidade, protocolo e comunicación desde 2015.

O candidato a liderar o PP e presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, intervén durante un acto celebrado para expor o seu proxecto político.. Juan Manuel Serrano Arce - Europa Press
O candidato a liderar o PP e presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, intervén durante un acto celebrado para expor o seu proxecto político.. Juan Manuel Serrano Arce - Europa Press

A negativa do PP ten relevancia porque a empresa Eulen conta con Micaela Feijóo, a irmá do presidente da Xunta, como delegada para toda a zona noroeste. Galicia Confidencial xa deu conta en ocasións anteriores dos múltiples contratos organizados pola Xunta que remataron nas mans desta compañía, uns contratos que nos últimos dous anos superaron os 13 millóns de euros. 

En comisión parlamentaria, os populares denegaron as 56 recomendacións realizadas polo PSdeG acerca da Memoria de Contas de 2020 e só aceptaron unha das 37 propostas do BNG, na que se apela a dar continuidade á fiscalización da asistencia sanitaria con medio alleos.

Así mesmo, saíron adiante as dúas peticións realizadas polo PPdeG, nas que se insta a analizar o impacto financeiro dos novos medicamentos de terapia avanzada CAR-T e avaliar a capacidade de autoabastecimiento, á vez que se empraza á avaliación do contrato de xestión da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no relativo á valoración dos contratos programas das axencias públicas e o cumprimento dos seus obxectivos.

PUBLICIDADE

Durante o debate, a deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo recriminou que o Partido Popular impida "algo tan lóxico" como saber "canto gasta" a Xunta "no seu conxunto en publicidade", xa que di que Contas observa que nos gastos de inmobilizado inmaterial "escóndense grandes partidas de gasto en publicidade". Por tal motivo, preocúpalle "" esta "opacidade".

Pola súa banda, Noa Presas (BNG) sinalou a necesidade de que se auditen as contratacións públicas coa empresa Eulen tras informacións que apuntan a unha "conivencia" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "coa súa propia familia" ao ser a súa irmá, Micaela Núñez Feijóo, directora da zona noroeste do Grupo Eulen. "Cantas máis liñas de transparencia nese ámbito sería mellor", afirma.

O deputado popular José Manuel Rey Varela defendeu que o seu grupo non dea luz verde a ningunha proposta do PSdeG debido a que "moitas son repetidas" e remarca que se acepta unha proposta do Bloque.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta