O comité de Xeal pide reunirse coa Xunta ante a posible ampliación do negocio enerxético

Os traballadores denuncian que a empresa leva "anos" recortando a actividade nas fábricas.

Por E.P. | A CORUÑA | 30/03/2022 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

O comité de Xeal solicitou unha reunión de "urxencia" ao vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, "despois de coñecer que a empresa pretende construír unha estación de bombeo reversible no monte da Ruña, en Mazaricos, para ampliar o negocio enerxético, cando leva anos recortando a actividade nas fábricas".

Nun comunicado, afirme que a empresa "xa se beneficia dunhas concesións públicas para a xeración de enerxía hidroeléctrica que están ligadas á produción de ferroaleacións nas fábricas de Cee e Dumbría e ao mantemento do emprego".

"Pero desde que se efectivizou a fraudulenta operación de compra-venda entre Ferroatlántica e TPG-Ithaka en agosto 2019, a dirección incumpre as condicións esenciais das concesións, reducindo de maneira progresiva a produción nas fábricas e destruíndo postos de traballo", argumenta.

Tamén afirma que o pasado 5 de marzo, Xeal "volveu parar o forno 14, que era o único que mantiña en funcionamento na factoría de Cee, deixando así de producir manganesos e sen actividade de ferroaleacións ás instalacións de Brens".

Concentración de traballadores de Xeal no Ézaro
Concentración de traballadores de Xeal no Ézaro | Fonte: Comité de empresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta