Absolución para un acusado de violar unha muller coa que quedara por Tinder en Santiago

Os feitos remóntanse ao ano 2018, cando os implicados contactaron través da rede social Tinder e quedaron unha noite para coñecerse persoalmente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2022 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, absolveu a un home acusado de agredir sexualmente a unha muller que coñecera a través da rede social Tinder e coa que quedara unha noite en Santiago.

Na súa sentenza, emitida o 16 de marzo, o tribunal considera que a versión ofrecida pola denunciante incorre en contradicións e non cadra coas fotos e vídeos que os implicados tomaron na noite dos feitos.

Por tanto, absolve ao procesado, de nacionalidade cubana, do delito de agresión sexual polo que a acusación particular demandaba 4 anos de cárcere. Fiscalía renunciou a presentar cargos contra o home no seu escrito de cualificación.

Os feitos remóntanse ao ano 2018, cando os implicados contactaron través da rede social Tinder e quedaron unha noite para coñecerse persoalmente.

Tras compartir unhas cervexas nun bar, desprazáronse ao coche do acusado e, de alí, á casa da denunciante, onde empezaron a cantar e tocar a guitarra.

No piso, segundo o testemuño da suposta vítima, foi sometida a relacións sexuais non consentidas, algo que foi negado polo acusado, que asegura que si houbo consentimento.

Analizadas as versións de ambos e apoiándose tamén nas fotos e vídeos da noite e un informe médico que non aprecia lesións compatibles cos feitos denunciados, o tribunal determina que "non pode determinarse" que existise unha agresión sexual.

Neste sentido, resalta que o contido das fotografías e os vídeos "corresponden máis coa versión dos feitos que ofrece o acusado que co relato da denunciante", na que aprecia "serias contradiciones" respecto do sucedido.

Xulgados de Santiago, en Fontiñas
Xulgados de Santiago, en Fontiñas | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta