UGT alerta que non incluir cláusula de revisión salarial nos convenios é "unha temeridade"

Asegura que a subida do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) no principio do ano quedou "aplanada" pola inflación.

Por E.P. | VIGO | 31/03/2022 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O sindicato UGT volveu a reclamar este xoves a inclusión de cláusulas de revisión salarial nos convenios colectivos e advertiu de que non facelo é unha "temeridade" no actual contexto de inflacción disparada. Así o trasladou o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, en declaracións aos medios antes de participar nunha asemblea de delegados do sindicato en Vigo.

Segundo incidiu, é "fundamental" que os convenios inclúan esa cláusula, e "case é unha cuestión 'sine qua non'" nun contexto de inflacción de practicamente o 10 %. "Asinar convenios sen esa cláusula é unha temeridade", advertiu. Pepe Álvarez aseverou que o empresariado "ten que entender" que, da mesma maneira que cando sobe o prezo das materias primas "eles repercuten no consumidor final ese diferencial", a única maneira que os traballadores teñen de "recuperar nivel de vida" é a través dos salarios e da negociación dos convenios colectivos.

O secretario xeral de UGT sinalou que "ese é o debate fundamental" ao redor da negociación colectiva coa patronal, e engadiu que o sindicato exporá ao Goberno que, á marxe do plan de choque pola guerra de Ucraína (que "vai na boa dirección pero é insuficiente", tal e como reiterou), poña en marcha outros mecanismos sociais para axudar as persoas que teñen máis dificultades.

Respecto diso, lembrou que a subida do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) no principio do ano quedou "aplanada" pola inflación. "Esa subida comeulla o IPC", subliñou, e pediu "axudas" e "soporte" para as familias con ingresos máis baixos, e que poidan facer fronte ás subidas dos prezos da enerxía e do resto de produtos da cesta da compra.

O secretario xeral de UXT, Pepe Álvarez, xunto a responsables do sindicato en Vigo e en Galicia, nunha asemblea de delegados na cidade olívica.
O secretario xeral de UXT, Pepe Álvarez, xunto a responsables do sindicato en Vigo e en Galicia, nunha asemblea de delegados na cidade olívica. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta