Detidas 14 persoas nunha operación contra o tráfico de drogas en Ferrol

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2022 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Ferrol-Narón detiveron a 14 persoas nunha operación contra o tráfico de drogas desenvolvida esta semana.

Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que indicaron que parte dos detidos permanecen en dependencias da Comisaría da Policía en Ferrol á espera de pasar a disposición xudicial nas próximas horas.

Neste operativo participaron efectivos da Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional que, ademais dos arrestos, realizaron diversos rexistrados. As actuacións realizadas no marco desta operación contra o tráfico de drogas en Ferrol atópanse baixo segredo de sumario, indicaron fontes da Policía Nacional.

Membros da udyco nun operativo
Membros da udyco nun operativo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta