A Xunta convoca os Premios Artesanía de Galicia 2022 para recoñecer "a traxectoria e o talento" do sector

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2022 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia 2022, que teñen como obxectivo recoñecer "o talento e a traxectoria" dos artesáns galegos.

Segundo informou a Vicepresidencia Primeira nun comunicado, o galardón dividirase nas categorías Premio Artesanía de Galicia, Premio Traxectoria e Premio Bolsa Eloy Xesto, e o prazo de presentación de candidaturas estará aberto desde o 17 ata o 28 de outubro deste ano.

Ademais, destacou que estes galardóns contribúen a divulgar os oficios artesanais, potenciar a creatividade dos profesionais, incentivar aos novos talentos en Artesanía de Galicia, promover a substitución xeracional e apostar pola introdución da innovación e do deseño no proceso de produción.

En concreto, o Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros, vai dirixido a talleres artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Neste caso, premiarase a obra que represente "as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual" como son o deseño, a adaptación ou a conservación das técnicas e valores tradicionais máis característicos da artesanía galega, a incorporación ás tendencias actuais, a innovación e a boa calidade da obra.

Un dos postos de artesanía (arquivo) en 'Arte de Man'. Foto: Prensa Allariz.
Un dos postos de artesanía (arquivo) en 'Arte de Man'. Foto: Prensa Allariz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta