Por E.P. | Compostela | 01/04/2022 | Actualizada ás 13:53
O presidente da Conferencia Episcopal Española, o cardeal Juan José Omella, fai un chamamento a un "pacto social" no que teñen que "traballar todos" --"Goberno, empresas, cidadáns do montón"-- para "evitar esa separación entre pobres e ricos tan grande".
A preguntas dos medios en Santiago con motivo da súa participación no Encontro de Empresarios Católicos no Ano Xubilar 2021-2022, Omella deixou claro que "unha sociedade que só busca gañar diñeiro ou unha sociedade que esquece aos pobres é unha sociedade que está perdida".
Así, sinala que esta xornada busca "potenciar o traballo dun empresario católico, que pode ser un empresario como todo o mundo, pero ten un toque interior do estilo de traballo e de vocación pola que el se compromete, que é moi importante".
En declaracións aos medios, o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, explicou que esta cita busca "alentar un pouco a esperanza". Opina que, nun momento no que "o único que facemos é lamentarnos" --co que non se soluciona "nada", di--, trátase de ver as posibilidades que cada un teña e "polas ao servizo do ben común". "Todos somos necesarios á hora de construír unha civilización nova", sostén.
"VALORES EMPRESARIAIS"
Pola súa banda, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Vieites, avoga por unha "sociedade moito máis ética e focalizada nas persoas". Cre que "non pode ser só o PIB o que guíe", senón "pór ás persoas no centro", de maneira que é "máis importante que nunca" o concepto de "ética corporativa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.