Baixa a incidencia acumulada de covid-19, pero aumentan as camas de UCI ocupadas

A incidencia sitúase en 846,74 casos por 100,000 habitantes, mentres que a media estatal cae a 459,27.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/04/2022 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

A incidencia acumulada en Galicia da Covid-19 descende con respecto a hai unha semana a 846,74 casos por 100,000 habitantes, mentres que a media estatal redúcese a 459,27.

Así se reflicte no informe actualizado este venres, 1 de abril, polo Ministerio de Sanidade, no que se constata un lixeiro aumento da porcentaxe de camas UCI ocupadas pola Covid.

En concreto, a porcentaxe de camas ocupadas por pacientes Covid ascende ao 2,55 por cento, mentres que a media estatal ascende ao 4,62%, polo que Galicia mantense entre as comunidades con menor cociente.

A taxa de ocupación de camas por 100.000 habitantes no caso de UCI sitúase no 0,7 en Galicia, fronte a media estatal do 0,89; mentres que no cómputo total ascende a 14,91.

En canto á taxa semanal de mortalidade por millón de habitantes, Galicia sitúase en 30,62, con 17 falecementos nos últimos sete días. A media de España está en 31,66.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta