Importantes descontos para a veciñanza no balneario Oca Vila de Allariz

O Concello de Allariz asinou a renovación do acordo con Oca Vila de Allariz Hotel & SPA para favorecer o uso do mesmo ás persoas empadroadas.

Por X.M. Fernández | Allariz | 05/04/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O convenio asinado pola alcaldesa Cristina Cid e a directora do hotel alaricano, Ana Lago, permite dispoñer ás persoas empadroadas en Allariz de prezos especiais no seu servizo de spa.

Renovación do convenio co Oca Vila de Allariz Hotel & SPA. Foto: Prensa Concello de Allariz
Renovación do convenio co Oca Vila de Allariz Hotel & SPA. Foto: Prensa Concello de Allariz

Estará en vigor ata o 31 de decembro de 2022 e facilitará ás persoas empadroadas, que dispoñan de tarxeta de cidadanía, o acceso ao spa a un prezo máis vantaxoso: o acceso ao Circuíto Termal de domingo a venres que inclúe piscina activa de chorros, camas de oxixenación, colos de cisne, Jacuzzi, poza fría, saunas e fonte de xeo, aplicando a tarifa reducida: 9,50 € IVE incluído (exclúense sábados, festivos e mes de agosto) e técnicas termais en cabinas de domingo a venres: 20% desconto sobre o prezo de venta ao público (exclúense sábados, festivos e mes de agosto).

Para poder gozar deste servizo é preciso contactar co Oca Vila de Allariz Hotel & SPA para reservar cita previa (recoméndase, mínimo, 48 horas de antelación) e aportar o carné de cidadanía.

O Concello de Allariz, co obxectivo de incrementar a calidade de vida e benestar da cidadanía, desenvolve, dende hai anos, iniciativas referentes á prestación de servizos á veciñanza contando con instalacións deportivas e sociais así como instalacións comerciais e hostaleiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta