Os medios ante os grandes da canción

Case 50 xornalistas, entre cámaras e redactores, asistiron hoxe a rolda de prensa de Alejandro Sanz para presentar o concerto que dará o vindeiro sábado en Santiago con Shakira, a maior parte deles dos chamados medios do corazón. E, por suposto, non faltaron os "pelotilleros de turno"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/08/2007 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Pero o espectáculo chegou cando unha redactora dun novo programa da TVG (que comezará a emitirse en breve), 'Acompañame', agasallou ao divo con "ostras frescas traídas directamente del mercado de La Piedra de Vigo" e cun peluche en forma de corazón cun lema do estilo 'Galicia te quiere'.

Por suposto, as ostras foron servidas nun prato logo de agardar nunha neveira portatil que a redactora tivo con ela durante toda a rolda de prensa. E como en todo encontro cos medios dos grandes da farándula non faltou o típico "que bonita es Galicia" y "uno de mis abuelos era gallego".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

11 Lemos

Onde está a tantas veces reivindicada "Galiza Calidade" no eido da comunicación? Xa cheira tanto "amiguiño" da movida viguesa, xa cheira tanto Reixa, xa cheira tanta produción allea, cheira a volta dos alleados na disque "longa noite de pedra", cheira tanto queixume e tanta leria. Cheira? Aínda máis, alcatrea, imbra e fede.

10 O'Xirarei

O dos aplausos é demencial... a todo isto, o programa é algo así coma unha extended version de Acompáñenos (de MicroPiñeiro) que agora se volve mozo para ser Acompáñanos. Reflexión: que cantante ou artistilla non ten un antergo galego?

9 penelope

Este gran equipo directivo ten as horas contadas, din que en outubro a metade está fóra

8 Lopo

E a quen lle importa que nos chimpen 6 meses ó ano no mellor dos casos? A Benigno Sánchez, xestor insigne, a suso Iglesias... tamén insigne, supoño que de lfo, se non non estaría nese cargo? Eles teñen o seu asento garantido e, cando venza a garantía... patadón p'arriba (polos seus méritos, non o poño en dúbida). E mentres nós, na redacción co corazón partío agardando que pase o tren dos momentos deste noso equipo diretivo. Ole, ole e ole! Queremos solucións xa!

7 Xandokas

¡Cant@ "soplapollas" hai nos medios de comunicación!