A 'vella' Pescanova batalla nos tribunais para evitar pagar 300 millóns de euros

A sociedade presenta un recurso contra a desestimación das súas semandas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2022 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Pescanova S.A., "a vella", sociedade de carteira e accionista moi minoritaria de Nova Pescanova, confirmou a presentación de recurso de apelación contra a sentenza que desestimou a súa demanda no caso do crédito 'supersenior' á multinacional pesqueira.

A coñecida como 'vella' Pescanova, actualmente unha sociedade de carteira sen actividade empresarial ou industrial, presentou unha demanda nos xulgados de Vigo solicitando que se anulase o pago de 300 millóns de euros vinculados á concesión dun crédito 'supersenior' a Nova Pescanova. Respecto diso, consideraba que esa operación fora lesiva para a pesqueira e que, indirectamente, podería prexudicar a Pescanova no seu patrimonio e no valor da súa participación na multinacional.

O xulgado de Primeira Instancia 14 de Vigo desestimou a demanda pero Pescanova S.A. presentou recurso contra esta decisión e incidiu, a través dun comunicado, en que "por moitas explicacións 'ad hoc' que se busquen, é dificilmente xustificable que se cargue a Nova Pescanova S.L. cunha débeda de 300 millóns de euros, por dispor dun crédito de 82 millóns de euros, que ademais se devolveu tan só cinco meses despois".

A sociedade recorrente lembrou que aínda non hai un pronunciamento firme dos tribunais e trasladou a súa esperanza de que a decisión que adopte agora a Audiencia Provincial de Pontevedra sexa en sentido "completamente contrario" ao ditame do xulgado de primeira instancia. Finalmente, Pescanova insistiu en algo que leva anos prometendo: que ten intención de renovar a súa actividade comercial. Nese sentido, asegurou que está a traballar en "iniciativas" a pesar de carecer de medios, e confía en que as xestións "terminen dando resultado".

Instalacións da sede de Nova Pescanova en Chapela, Redondela.. NOVA PESCANOVA
Instalacións da sede de Nova Pescanova en Chapela, Redondela.. NOVA PESCANOVA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta