Formoso acusa ao PP de estar "máis preocupados pola sucesión de Feijóo" que polos problemas da cidadanía

O secretario xeral do PSdeG asegura que Feijóo optará polo "dedazo" para escoller suceor.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2022 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, acusou á Xunta e ao Partido Popular de estar "máis preocupados pola sucesión de Feijóo" que polos problemas da cidadanía". "Están máis preocupados polas quinielas que por salvar centos de miles de empregos en Galicia que se atopan ao bordo do abismo", manifestou.

Na localidade na que tamén é González Formoso alcalde, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), Formoso realizou este martes unha visita á sede da Asociación de empresarios Seara, no polígono de Penapurreria, onde acudiu co secretario xeral de Axenda Urbana e Vivenda do Goberno de España, David Lucas.

O tamén presidente da Deputación da Coruña advertiu de que hai "unha alternativa socialista de goberno comprometida co país e presente no día a día". "Fronte a unha Xunta ausente, máis preocupada pola aterraxe de Feijóo en Madrid e, sobre todo, do dedazo deste para designar sucesor", erixiu a súa alternativa, nun contexto no que o socialista detallou que Galicia "está a pasar a situación máis crítica economicamente dos últimos 30 anos".

DIARIO OFICIAL DE GALICIA

González Formoso tamén reprochou a Feijóo que "ningunha das medidas anunciadas polo presidente da Xunta no Parlamento está plasmadas no Diario Oficial de Galicia (DOG), e por tanto non están operativas". Fronte a iso, expuxo que "ocorre todo o contrario co plan anticrise contundente presentado polo Goberno de España".

O secretario xeral do PSdeG manifestou que "Galicia necesita dun Goberno comprometido co país, presente nos asuntos do día a día e liderado por un partido institucional como o PSdeG, que non é o das pancartas nin o partido do non, nin está preocupado pola sucesión".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso / PSdeG. / Europa Press
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso / PSdeG. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta