O PSdeG pide na UE apostar polas renovables e non polos combustibles "que están a ser unha arma de guerra"

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares cre que hai que resolver as interconexións de enerxía con Pensínsula Ibérica e illas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2022 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

O eurodeputado socialista Nicolás González Casares reclamou ante a Eurocámara "resolver o pescozo de botella das interconexións coa Península Ibérica e as illas".

"Isto non é un verdadeiro mercado europeo de enerxía", advertiu na súa intervención, na que sinalou que non se sacará "proveito" das renovables se non "interconectamos e integramos as redes eléctricas", unha cuestión que suporía un plus enerxético e industria para Galicia, entenden os socialistas europeos.

Este martes, o Parlamento Europeo acolleu un debate sobre as Redes Transeuropeas de Enerxía (TEN-E, nas súas siglas en inglés). O obxectivo desta política, que se atopa nun período de revisión, é vincular a infraestrutura enerxética dos países da Unión Europea a través de corredores e áreas temáticas prioritarias.

González Casares, que é membro da Comisión de Industria e Enerxía do Parlamento Europeo, defendeu "orientar os investimentos a elementos compatibles coa neutralidade climática" e deixar de vivir "dos erros do pasado", como a aposta polos combustibles "que está a ser unha arma de guerra".

Ademais, o eurodeputado apostou por "despregar e integrar as tecnoloxías renovables" coas novas disposicións para desenvolver a enerxía en alto mar; establecer un proceso de gobernación máis inclusivo, aplicar o principio de eficacia enerxética e "fomentar infraestruturas só compatibles con hidróxeno cando se transporte gas".

Nicolás González Casares, eurodeputado do  PSOE europeo. PSOE EUROPA
Nicolás González Casares, eurodeputado do PSOE europeo. PSOE EUROPA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta