Feijóo critica "o falso pacifismo" de BNG ou Podemos por favorecer ao "agresor" na guerra de Ucraína

Di que "non existe termo medio" neste conflicto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2022 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, cargou contra a "equidistancia" ante a invasión rusa en Ucraína e lanzou un aviso: o "falso pacifismo" ante a guerra pode ser "o máis parecido" á "complicidade cos agresores" se se traduce en pór dificultades á dotación de medios para combater "a autocracia". Unhas declaracións dirixidas a dirixentes do BNG e Podemos.

Así o manifestou durante o discurso institucional que pronunciou este mércores no Pazo do Hórreo, durante a entrega das Medallas do Parlamento de Galicia ás institucións estatutarias da Comunidade, previsiblemente un dos seus últimos actos institucionais como presidente da Xunta.

Neste escenario, o presidente galego advertiu que, baixo a súa óptica, "non existe termo medio" e "escatimar ou pór en dúbida" a axuda a Ucraína é "o máis parecido á complicidade cos agresores". "Ningunha democracia se defende en solitario. O cuestionamiento da Unión Europa é unha arma que os inimigos da democracia utilizan, usando o 'divide e vencerás'", engadiu, antes de advertir que "a disuasión dialéctica" precisa de "cobertura" cando enfronte "non hai interlocutores, senón agresores".

Finalmente, defendeu que os galegos "non poden permanecer pasivos" ante "feitos atroces" como os que se viven en Ucraína, e reivindicou "unir voces" e que Galicia "está á beira de Ucraína", dado que a guerra que vive este país "constata que a democracia é un milagre que hai que conservar".

Refuxiados da guerra en Ucraína
Refuxiados da guerra en Ucraína | Fonte: EFE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta