Conta atrás para Os Maios en Verín e recadación das coplas a favor de Ucraína

O concello vén de publicar as bases polas que se rexerán as elaboracións dos maios e a redacción das coplas. As doazóns que se recaden no reparto estas últimas destinaranse ao financiamento do programa da UNICEF “Emergencia en Ucrania”.

Por X.M. Fernández | Verín | 08/04/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Segundo nos contan, na década dos cincuenta, Enrique Gómez Pato comezou a percorrer as rúas de Verín con efémeras esculturas de madeira recubertas de plantas silvestres. Ao carón, ou agochado no  interior, el e os seus acompañantes cantaban e espallaban unhas coplas que a veciñanza agardaba pola súa creatividade e crítica.

Os maios en Verín (arquivo
Os maios en Verín (arquivo | Fonte: 2017). Foto: Prensa Concello de Verín

Na súa lembranza, e para que se manteña esta manifestación da cultura popular, o Concello de Verín organiza unha concentración de maios tradicionais, artísticos ou feitos con refugallos. Nesta concentración 'non competitiva' poderán inscribirse antes do 25 de abril centros de ensino, institucións e asociacións da comarca de Verín legalmente rexistradas.

O concello colabora economicamente para a montaxe dos maios, que se xuntarán na Praza da Alameda o 1 de maio no lugar indicado pola organización e dende as 10:00 h. ata que remate a celebración.

As coplas que se redacten terán que seguir, ao igual que a montaxe dos maios, unhas determinadas condicións. As bases ao detalle atópanse publicadas na web do Concello de Verín.

As doazóns que se recaden no reparto das coplas destinaranse ao financiamento do programa da UNICEF “Emergencia en Ucrania”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta