Pontón acusa a PP e PSOE de emprender unha "caza de bruxas" pola postura do BNG sobre a guerra

"O que máis nos debe preocupar é que haxa unha solución ao problema tan grave que hai en Ucraína", di.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2022 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou ao PP e ao PSOE de emprender unha "caza de bruxas" contra a súa organización pola postura que mantén sobre a invasión rusa de Ucraína. 

"Temos dereito a expresar a nosa opinión aínda que non coincida coa maioritaria", manifestou a líder frontista a preguntas dos xornalistas este xoves en Santiago preguntada sobre a polémica en torno ao xesto do deputado do Bloque no Congreso Néstor Rego, que non aplaudiu a intervención do presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, o pasado martes na Cámara baixa.

"O que máis nos debe preocupar é que haxa unha solución ao problema tan grave que hai en Ucraína", remarcou Pontón, "Paréceme moi triste que o PP e o PSOE usen a dor do pobo de Ucraína para atacar ao BNG", incidiu Pontón.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participa nun acto simbólico de denuncia da exclusión financeira en Galicia, a 7 de febreiro de 2021, na Coruña. M. Dylan - Europa Press
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participa nun acto simbólico de denuncia da exclusión financeira en Galicia, a 7 de febreiro de 2021, na Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 anonimo

Non parece que Paco Rodríguez vaia a descubrir nada novo no seu libro sobre o medioevo galaico.Eso correspóndelle aos historiadores, e Rodríguez non o é. Mais ben trátase de facer un catecismo para os catecúmenos do novo partido.

4 Riuriu

Os aprendices de poltroneros da U xa teñen obligación: mercar o libro de Francisco Rodríguez.

3 anonimo

Con 77 aniños, Paco Rodríguez xa non está para moitos trotes.

1 Gamela

De momento con 76 anos está inmerso en reescribir a Historia Medieval da Galiza ! https://www.nosdiario.gal/articulo/... Non é pouca cousa, se non logras unha República Galega alomenos reivindicas o Antigo Reino da Gallaecia !

2 Gamela

Basta ler a folla de ruta de Paco Rodríguez (57 anos movendo os fíos da UPG) para entender que Ana Pontón vai ter que marchar ao rincón de pensar: “O nacionalismo galego faría ben, precisamente en nome do realismo e do pragmatismo ben orientado, en non basear toda a súa esperanza na competición electoral e na presenza institucional hexemónica, necesaria desde logo. A súa acción política global debe ter como obxectivo prioritario aumentar a conciencia nacional e amolecer unha mentalidade social petrificada pola dependencia e a subordinación que nos españoliza" (Paco Dixit) Semella que algúns están noutro tema diferente mentras presentan a cara ecofeminista de Ana Pontón eles (Néstor UPG) seguen traballando nas sombras da República Galega https://viagalega.gal/que-e-via-gal...

1 Riolo

Victimismo pontonil. Ana, supongo que serás consciente de que por mucho que le hagas la pelota, la UPG te va a quitar de la poltrona un día de estos, no?