O Goberno reparte 200 millóns entre as CC.AA. para medidas "de protección social"

Dedicaranse á "protección da familia" e a "atención á pobreza infantil". A Xunta traballa nun plan para lograr maior "integración" do pobo xitano en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2022 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

O Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, que dirixe Ione Belarra, acordou este xoves coas comunidades autónomas o reparto de 200 millóns de euros para que poñan en marcha medidas de protección social, segundo informaron a Europa Press fontes do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Trátase dos créditos consignados nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) 2022 para a protección da familia, a atención á pobreza infantil e para as prestacións básicas dos servizos sociais. Este ano, destínase a esta partida unha cantidade de 198,7 millóns de euros, o que supón un aumento de máis de 39 millóns de euros, unha suba que, segundo destaca o Ministerio de Dereitos Sociais, vai permitir "reforzar as prestacións básicas de servizos sociais, lograr unha maior cobertura nos programas de apoio ás familias e loita contra a pobreza infantil e articular con máis recursos unha mellor resposta a estas situacións". Con todo, tendo en conta a inflación dos últimos meses, o valor real das achegas revélase máis ben estancado.

En concreto, 50 millóns de euros destínanse a programas de protección á familia e para a atención á pobreza infantil, o que supón un incremento de 5 millóns con respecto a 2021; e 15 millóns, ao Programa VECA --para asegurar programas de lecer educativo nas vacacións de verán para os nenos en situación de vulnerabilidade--.

Arquivo - A ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra.. Isabel Infantes - Europa Press - Arquivo
Arquivo - A ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra.. Isabel Infantes - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Na mesma xornada fíxose público que Galicia recibirá 6.620.461,30 euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, destinados a revalorizar a industria cultural en 2022 e 2023, segundo acordou o pleno da Conferencia Sectorial de Cultura sobre a repartición de 115,4 millóns entre as comunidades, Ceuta e Melilla.  En concreto, distribuiranse 93,9 millóns en 2022 e outros 21,5 millóns para o exercicio 2023, en base aos criterios que xa foron aprobados na Conferencia do pasado 13 de xullo de 2021.

POBO XITANO

Da banda da Xunta, a conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou este xoves que a Xunta aprobará antes de que termine o ano a nova Estratexia de Inclusión Social da Poboación Xitana de Galicia, que estará vixente ata o ano 2030. Así o destacou durante a súa participación nun acto celebrado no edificio administrativo da Xunta en San Caetano, en Santiago, con motivo da celebración este 8 de abril do Día Internacional da Poboación Xitana.

En concreto, Fabiola García destacou que no ano 2014, Galicia converteuse na primeira Comunidade en contar cunha estratexia específica para a atención e a integración da poboación xitana. Coa súa renovación, o Goberno galego buscará marcar o camiño cara a "unha maior integración en materia de educación, saúde, vivenda e emprego" dos 13.000 xitanos e xitanas que residen en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta