Protestas contra a "privatización sanitaria" do PP ante hospitais galegos

A mobilización correu ao cargo da CIG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2022 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG mobilizouse este xoves en todas as cidades galegas en defensa das pensións públicas e para denunciar que as súas vidas están "cada vez máis empobrecidas e precarizadas" como consecuencia da reforma das pensións, dos "abusos" da banca, da falta dun servizo público de atención ás persoas e das "deficiencias" da sanidade.

Por iso, nesta ocasión moitas das concentracións nas cidades levaron a cabo diante dos hospitais ou edificios de sanidade, para "reclamar unha atención digna ás persoas, sobre todo, nos momentos máis vulnerables", e demandar unha atención sanitaria "o mellor posible, prestada desde unha sanidade pública forte, con persoal e infraestruturas suficientes e adecuadas".

O colectivo subliñou que coa chegada da pandemia, puxéronse "en evidencia as carencias" que o seu progresivo "desmantelamento" provocou. Neste sentido, e tras eloxiar aos traballadores sanitarios, responsabilizaron ás "políticas privatizadoras do PP" das "enormes listas de espera", mesmo en atención primaria, e da "falta de profesionais", así como do peche de centros.

Os xubilados e pensionistas demandaron, ademais, "cambios" nas políticas de atención ás persoas. Neste sentido, lembraron que Galicia "padece as segundas pensións máis baixas" do Estado, e que dada a falta de recursos, isto fai que moitas persoas "non poidan accedera os servizos de atención, condenando unha vez máis ás mulleres a seguir exercendo de coidadoras".

Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG mobilízanse en defensa das pensións e contra os 'abusos da banca'. CIG
Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG mobilízanse en defensa das pensións e contra os 'abusos da banca'. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta