O alcalde de Ourense di que os concelleiros do PP no mandato anterior foron uns "inútiles"

O PSOE pregúntalle "como se sente ao gobernar cos maiores inútiles do concello de Ourense nos últimos anos".

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 07/04/2022 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, cualificou os concelleiros do Partido Popular de "inútiles", pero en referencia ao pasado mandato. "Todo faise neste mandato porque vostedes non facían absolutamente nada", dixo o rexedor municipal durante a celebración dun pleno extraordinario convocado para modificar as anualidades dun convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press.

De feito foi por mor deste convenio, para continuar unha senda fluvial desde Outariz, cando o alcalde fixo o comentario despois de que o portavoz de Ciudadanos, José Araújo, expuxese que o acordo comezou a prepararse no pasado mandato, cando el aínda formaba parte do Partido Popular. "Está a inaugurar cousas nas que non tivo que mover un dedo", dixo.

Ese foi o momento no que o alcalde cualificou de "inútiles" aos concelleiros do PP trasladando que durante esa etapa do goberno, entre o 2015 e o 2019, a situación pareceuse "ao medievo".

"Estamos a facer en obras trinta veces máis", proclamou Jácome afirmando que, ademais, non lle dan publicidade "a todo" o que fan porque é a súa "obriga".

Pediu entón quenda de palabra o portavoz socialista, Rafael Rodríguez Villarino, para preguntar ao alcalde "como se sente ao gobernar cos maiores inútiles do concello de Ourense nos últimos anos", utilizando as propias palabras do alcalde.

Pérez Jácome explicou que o Partido Popular xa non ten ás mesmas persoas, "non está nin un alcalde que critique moito, Jesús Vázquez, nin José Araújo", de quen dixo "non é un cambia chaquetas, senón un cambia partidos, empezou no PP agora está en Ciudadanps e xa debería ir buscando un novo partido".

Ademais, engadiu en referencia a este que, "grazas a deus foise o peor". "Ao final tivo sorte o Partido Popular, do mesmo xeito que nós en Democracia Ourensana, tivemos sorte de que se nos fosen os tránsfugas, porque eu era tan bo que non era capaz de botalos", continuou.

A pesar deste intercambio de intervencións, a sesión plenaria aprobou por unanimidade o convenio de colaboración entre o Concello e a Confederación Hidrográfica para o financiamiento, a execución e a entrega das obras de acondicionamento da senda fluvial que protagonizaba o pleno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 anonimo

Xuro que eu non son ningún concelleiro de Ourense. E tampouco ( obviamente) son Jácome. Así que eu nonteño nada ver cos líos que poida haber en Ourense. Gamela admite mal as críticas.

2 anonimo

Agardamos o comentario de Gamela. E una reacción química, en canto sae Jácome, sae Gamela falando doutra cousa.

1 Gamela

Aconsello que deixes en paz a Gamela, e se queres falar da política real aportes DATOS que servan para clarificar ese lío que tedes montado en Ourense (?) Gamela non está na nómina de ningún partido político !

1 Gamela

Jácome despediu a Jesús Vázquez cando este abandonou o PP de Ourense https://youtu.be/CR2-bzsgwG0?t=1895... A sesión plenaria aprobou por unanimidade o convenio entre o Concello e Confederación Hidrográfica ! En Vigo nin lembramos cando se aprobou algo por unanimidade ! Dá que pensar...