Gómez-Reino acusa a Sánchez e a Albares de ceder á "chantaxe" de Marrocos co Sahara

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2022 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Podemos en Galicia e deputado de Unidas Podemos no Congreso, Antón Gómez Reino, acusou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e ao ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, de ceder á "chantaxe" de Marrocos co Sahara.

Para Gómez-Reino "supón unha pésima noticia que o PSOE ou puntualmente o presidente do Goberno e o ministro de Exteriores estean a deixarse levar pola chantaxe de Marrocos". "Ademais isto é moi grave porque se sitúa fóra do que é a demanda maioritaria da sociedade galega e española e choca coa sensibilidade das decenas de familias que en Lugo reciben cada verán a mozos do Sahara. Isto non ten nada que ver co que fai o PSOE e puntualmente o presidente e o ministro", lamentou, nunha visita a Lugo este venres.

Ademais, o deputado de Galicia en Común-Unidas Podemos subliñou que a nova situación "supón quedar fose do marco da ONU e fóra da posición histórica de España". "Tamén isto imposibilítanos como actor na busca dunha saída negociada. É unha posición de parte que defende a postura de Marrocos", clamou.

SAÍDA NEGOCIADA

O parlamentario galego demandou que "ten que haber unha saída negociada onde o pobo saharauí teña dereito a decidir o seu futuro nun referendo avalado por Nacións Unidas". Gómez-Reino insistiu en que a "nova" postura de España significa "crebar co consenso da sociedade española e o conxunto das forzas políticas do ámbito parlamentario e deixar abandonados aos saharauís co que temos unha responsabilidade histórica moi importante".

O deputado de Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, intervén nunha sesión plenaria no Congreso dos Deputados /  Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo / Europa Press
O deputado de Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, intervén nunha sesión plenaria no Congreso dos Deputados / Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta