Prisión para 8 dos 12 detidos na operación contra as narcolanchas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2022 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución Número 4 de Cambados decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para oito dos 12 detidos este pasado mércores no marco dunha operación contra a construción de embarcacións para narcotráfico --planadoras--, levada a cabo en varias comunidades de España e Portugal, tras pasar a disposición xudicial este venres.

Para os catro restantes, decretou a súa posta en liberdade e impúxolles como medidas a retirada do pasaporte, a prohibición de abandonar o territorio nacional e a obrigación de comparecer no xulgado cando sexan chamados.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ao fío da medianoite do venres, todos eles están investigados por un delito continuado de contrabando, un delito de pertenza a organización criminal e un delito contra a saúde pública. Os detidos foron trasladados o venres desde a Comandancia da Garda Civil de Pontevedra nun autobús da Garda Civil ata a localidade de Cambados para comparecer no xulgado.

Narcolancha intervida.. GARDA CIVIL
Narcolancha intervida.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta