A canteira das futuras seleccións de ciclismo BBT fórmase en Pontevedra

Un grupo de 27 nenos e nenas participarán ata o mércores no Campus BTT XCO Ciclismo Galego, organizado pola Federación Galega de Ciclismo en colaboración coa Concellería de Deportes de Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2022 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

Un grupo de 27 rapaces (19 nenos e 8 nenas) de categorías Infantil e Cadete participan desde este luns e ata o mércores nas instalacións deportivas do Casino Mercantil de Pontevedra no Campus BTT XCO Ciclismo Galego organizado pola Federación Galega de Ciclismo en colaboración coa Concellería de Deportes. A actividade está orientada a deportistas nados entre os anos 2006 e 2009 e pretende afondar na paixón polo BTT cunha formación técnica, fomentar a convivencia e formar as futuras seleccións autonómicas para os campionatos nacionais.

Acto de presentación do Campus BTT XCO Ciclismo Galego en Pontevedra
Acto de presentación do Campus BTT XCO Ciclismo Galego en Pontevedra | Fonte: remitida

O programa inclúe a práctica de BTT no bikepark da Fracha e no monte Xaxán, un circuíto de BMX, actividades de lecer, tertulias e charlas formativas sobre adestramento, nutrición ou mecánica básica e coidados da bicicleta. Foi presentado esta mañá nun acto no que participaron o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o técnico da FGC e responsable do Campus Alberto del Río, acompañados pola rapazada inscrita nestas xornadas técnicas.

unha foto de familia).

Tino Fernández subliñou que o Concello de Pontevedra ten unha "relación de amor

absoluto coas bicicletas", que se traduce en que "sempre que podemos traemos probas, campionatos, torneos...". Tal e como salientou, "é un orgullo que a Federación conte con nós para organizar todos estes eventos”, xa que “Pontevedra é unha cidade cada día máis vencellada á bicicleta, de paseo, de deportes, de entretemento”

Juan Carlos Muñiz, pola súa banda, explicou que estas xornadas de tecnificación e convivencia teñen o obxectivo de que as crianzas "desfruten, o pasen ben, se coñezan, fagan lazos, desenvolvan eses valores do deporte, o compañeirismo e o sacrificio e vaian familiarizándose co mundo das concentracións e as formacións". Segundo afirmou Muñiz, os 27 nenos e nenas que participan nestas xornadas son "o futuro". "Un futuro moi prometedor co inicio desta tempada en Sanxenxo cun récord de asistencia con 500 rapaces", asegurou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta