As axudas da Deputación da Coruña para pemes, microempresas e autónomos superarán os sete millóns

O presidente provincial, Valentín González Formoso, explicou que o PEL 2022 incrementa case un 40% o orzamento en relación ao ano pasado co obxectivo de "apostar pola creación de emprego, haxa ou non haxa crise económica".

Por E.P. | A CORUÑA | 11/04/2022 | Actualizada ás 17:22

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña destinará este ano 7,2 millóns en axudas a pemes, microempresas e autónomos, segundo informaron o presidente provincial, Valentín González Formoso, e o deputado responsable da área de Emprego, José Ramón Rioboo.

Ambos presentaron, na sede deste organismo, a nova convocatoria de axudas do Plan de Emprego Local (PEL-2022), que se destinará a apoiar a contratación de persoal, a realización de investimentos nos negocios e a sufragar os custos das cotas á Seguridade Social por parte dos autónomos.

Formoso explicou que o PEL 2022 incrementa case un 40% o orzamento en relación ao ano pasado co obxectivo de "apostar pola creación de emprego, haxa ou non haxa crise económica".

Por outra banda, remarcou que, desde a súa posta en funcionamento, creáronse 9.800 empregos na provincia da Coruña e apoiouse a creación de 3.200 empresas. Tamén destacou a creación dunha rede de provincial de espazos de coworking que xa conta con once centros en funcionamento.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, presentan as axudas do Plan de Emprego Local. TORRECILLA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, presentan as axudas do Plan de Emprego Local. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta