Persoal médico ve "arriscado" sacar a máscara en interiores: "Seguen sen reunirse as condicións"

A Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia censura un "apagamento informativo" sobre o número de casos que pode levar a unha "falsa" análise da realidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, o lucense Lorenzo Armenteros, criticou por "precipitada" a eliminación do uso obrigatorio de máscaras en interiores a partir do próximo luns, 18 de abril. "Mantivémolo desde que se empezou a rumorear: non se reunían as condicións e seguen sen reunirse porque aínda estamos cunha incidencia por covid moi alta e existe un risco alto", explicou.

A xuízo de Armenteros, o que se pretende agora é depositar "a responsabilidade no paciente e na persoa enferma", o que "deixa só como responsable a cada un". "E isto parécenos unha opción moi perigosa", apostilou. O portavoz do persoal médico xeral e de familia insistiu en que a eliminación do uso obrigatorio da máscara en interiores é "unha decisión moi arriscada e que pode incrementar o número de contaxios ao longo do tempo".

O facultativo lucense tamén censurou que "se reduciu a información de tal maneira que xa nin se contan os tests de antíxenos", o que leva "a un apagamento informativo relativo ao número de casos que pode levar a unha información errónea e unha falsa redución do número de casos activos que non sería así si se dese unha información completa".

Ademais, Armenteros queixouse da "relaxación funcional" producida nas últimas semanas. E vincúlao a que "todo o mundo está con moitas ganas de que desapareza a máscara". "Estabamos a ver que o número de casos se incrementa en familias enteiras que se contaxian por esa relaxación", alertou.

"Hai tempo que dicimos que a familia dá unha falsa sensación de seguridade ante a posibilidade de contaxios. Se isto ocorre na familia, imaxinémonos o que poida ocorrer no traballo ou nos medios nos que nos movemos sen usar a máscara como ata agora", avisou finalmente o portavoz da Sociedade Española de Médicos de Familia e Xerais.

Entrada a un local de hostalaría, a 31 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press
Entrada a un local de hostalaría, a 31 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta