Formoso: "A procura do candidato do PSdeG á Xunta será o menor dos problemas"

"Agora mesmo o que toca é construír partido e, sobre todo, apoiar a sociedade nun momento crítico", incidiu.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, asegurou que "a procura do candidato" do PSdeG á Xunta será "o menor dos problemas" e sostivo que a celebración destas primarias é agora mesmo o que "o que menos preocupa á sociedade galega".

Formoso pronunciouse deste xeito ao ser preguntado este martes, tras participar xunto a organizacións sindicais e sociais na firma dun pacto por unha enerxía eólica sustentable, sobre a elección do candidato socialista á Presidencia da Xunta ante o escenario que se abre coa marcha de Alberto Núñez Feijóo a Madrid para liderar o Partido Popular.

Preguntado pola data na que os socialistas galegos abrirán este proceso, Formoso sostivo que a formación se atopa na "fase" de preocuparse por "un país que está a sufrir unha falta de goberno pola postura irresponsable do Partido Popular". "Estamos a nos preocupar dos problemas que lle preocupan á xente, as primarias do PSdeG é o que menos lle preocupan á sociedade galega", incidiu Formoso, que sostivo que se trata dun instrumento que a súa formación poñerá en valor "cando chegue o momento".

"Pero agora mesmo o que toca é construír partido e, sobre todo, apoiar a sociedade nun momento crítico", incidiu. Por iso, ante un posible adianto electoral tras a marcha de Feijóo, insistiu en que "a procura do candidato" do PSdeG será "o menor dos problemas". "O PSdeG ten resortes, ten capacidade de facelo dunha forma rápida, eficiente e, sobre todo, pensando no ben do país", incidiu.

Ademais, asegurou "non" temer a posible existencia de candidaturas alternativa á súa. "Nós practicamos a democracia e defendémola, sempre serviu para poñer en valor o candidato á Xunta o ter o respaldo nun proceso baseado no sufraxio universal, no principio de soberanía popular", destacou.

O novo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, durante unha entrevista con Europa Press, a 10 de febreiro de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Formoso, que ademais é presidente da Deputación da Coruña e alc. César Arxina - Europa Press
O novo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, durante unha entrevista con Europa Press, a 10 de febreiro de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Formoso, que ademais é presidente da Deputación da Coruña e alc. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Ao PSdG fáltalle a candidatura "feminista" de Carmela Silva ! Supoño que se presentará cando resolvan o indulto do funcionario corrupto que busca blindar o Silencio no Concello de Vigo ? Veremos...