O PP tomba no Parlamento unha iniciativa para reclamar un plan de verteduras no río Xuvia

Os populares argumentaron que "xa se está facendo" unha actuación integral no río.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

O PP tombou coa súa maioría absoluta no Parlamento galego unha iniciativa que pretendía demandar á Xunta a posta en marcha dun plan integral para actuar sobre a contaminación no río Xuvia, que transcorre polos municipios coruñeses das Somozas, San Sadurniño, Moeche, Narón e Neda.

A proposición non de lei, presentada polo PSdeG, foi debatida e votada este martes na Comisión 2ª de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.

Alí, o deputado popular Diego Calvo defendeu o 'non' do seu grupo á iniciativa porque a actuación integral que reclamaba "xa se está facendo" na zona como parte do plan de verteduras que funciona a nivel autonómico e "cumpre os seus resultados".

"Se de verdade queren traballar pola calidade das augas e polo control do saneamento e a depuración, apoien a Lei de mellora do ciclo da auga", aseverou en alusión a BNG e PSdeG Diego Calvo, que incidiu en que as competencias de depuración de auga corresponden aos concellos.

Antes, o encargado de defender a iniciativa, Pablo Arangüena, denunciou o estado do río Xuvia, que provoca o "lamentable" estado da ría de Ferrol, onde "se incrementan ano a ano" as zonas C de marisqueo, que impiden a comercialización dos moluscos se non se somenten a un longo proceso de depuración.

Tanto o deputado socialista como o nacionalista Ramón Fernández culparon dos episodios de arrastres ao río Xuvia a unha canteira situada no municipio das Somozas, gobernado polo Partido Popular.

"O denominador común da contaminación é o PP", espetou Ramón Fernández, que denunciou a "conivencia" do rexedor das Somozas, Juan Alonso Tembrás, e da Xunta con empresas que verten ao río.

O hemiciclo vota a inicitiva do PPdeG sobre a reforma do sistema de cotización dos autónomos. PARLAMENTO DE GALICIA
O hemiciclo vota a inicitiva do PPdeG sobre a reforma do sistema de cotización dos autónomos. PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta