Morre unha persoa tras orixinarse un incendio nun edificio de catro pisos en Carballo

O lume comezou na súa casa, no segundo piso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2022 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu este xoves tras orixinarse un incendio na súa vivenda, no segundo piso dun edificio situado na Rúa do Río Sil, en Carballo. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o lume arrasou a cociña e o salón da vivenda onde se atopaba a vítima e os servizos sanitarios desprazados só puideron confirmar o seu falecemento.

Ademais, na cuarta planta, unha muller con mobilidade reducida foi confinada na súa vivenda polo equipo de intervención dos Bombeiros de Carballo mentres levaron a cabo os labores de ventilación do inmoble. O edificio, que consta de catro plantas, tivo que ser desaloxado polos servizos de emerxencia.

Varias persoas particulares alertaron do incendio ao 112 Galicia ao redor das 13,30 horas. Acto seguido, os xestores do 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil.

Os bombeiros interveñen na extinción dun incendio. POLICÍA LOCAL DE VIGO
Os bombeiros interveñen na extinción dun incendio. POLICÍA LOCAL DE VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta