Falece un home en Sanxenxo tras ser golpeado por unha embarcación mentres nadaba no mar

O falecido nadaba xunto con outro compañeiro cando foi golpeado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2022 | Actualizada ás 22:06

Comparte esta noticia

Un home de 59 anos faleceu este venres en Sanxenxo tras ser golpeado por unha embarcación mentres nadaba no mar. Segundo informa o 112, os feitos tiveron lugar na Praia de Silgar, uns minutos despois do seis. Nese momento, varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia do suceso.

Praia de Silgar, en Sanxenxo
Praia de Silgar, en Sanxenxo | Fonte: Minube

Ao parecer, e en base á información facilitada polo Concello, o falecido, veciño da Coruña, nadaba con outra persoa e unha embarcación que non os viu, arroiouno. O seu compañeiro resultou ileso.

Desde o 112 púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero Pesca I. Ademais, requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e do GES de Sanxenxo.

Unha embarcación particular, explican, recolleu á persoa e trasladouna ao porto de Sanxenxo, onde os servizos médicos desprazados só puideron confirmar o seu falecemento. Desde o Concello sinalan que, de producirse o accidente na zona de baño, esta aínda non está sinalizada por aboias. A Garda Civil investiga os feitos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta