Subministradas 2.814 novas doses da vacina contra a Covid, máis de 2.200 para completar pautas

En canto ao proceso de vacinación infantil foron vacinados ata o momento 118.764 menores de 10 a 14 anos de idade e 90.205 de cinco a nove anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2022 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

A poboación con pauta completa contra a Covid-19 no conxunto de Galicia aumenta ao 93,55 por cento de entre os seus habitantes, tras ser administradas outras 2.227 para completar pautas.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este sábado no 'Cronómetro de vacinación', recollidos por Europa Press, as doses administradas ascenden a 6.634.964, tras de ser postas outras 2.814.

Desas 2.814, un total de 2.227 foron administradas para completar pautas, polo que aumentan a 2.525.838 as persoas co proceso finalizado en Galicia, que supoñen un 93,55 por cento do conxunto da súa poboación.

Por grupos de poboación, por vulnerabilidade, hai 19.157 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 16.403 dependentes non institucionalizados e 27.815 institucionalizados. Pola súa banda, 2.341.656 concluíron o proceso chamados pola súa idade.

Por probabilidade de exposición, 76.369 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 28.806 do sociosanitario e 14.848 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

VACINACIÓN INFANTIL

En canto ao proceso de vacinación infantil --os datos da Consellería de Sanidade non separan o grupo etario principal da poboación pediátrica en fase de inmunización de 5 a 11 anos-- foron vacinados ata a data 118.764 menores de 10 a 14 anos de idade --69 máis-- e 90.205 de cinco a nove anos --190 máis--.

Segundo o último informe de vacinación contra a Covid-19 actualizado o pasado mércores, 13 de abril, polo Ministerio de Sanidade, Galicia segue á cabeza da pediátrica --de menores de 5 a 12 anos-- co 61,3 por cento da súa poboación diana con pauta completa --con vacinas postas ata o 12 de abril--, fronte á media nacional do 40,7%.

Dos 177.577 menores de 5 a 12 anos a vacinar contan con pauta completa 108.910. Iso sitúa a Galicia á cabeza das comunidades en porcentaxe de vacinados nesas idades, seguida de Estremadura (59,2%) e Asturias (56,2%).

Na Comunidade galega, segundo o último informe actualizado, contan con polo menos unha dose 134.599 menores de cinco a 12 anos, que implica o 75,8 por cento da poboación diana desa idade a vacinar, mentres que a media nacional sitúase no 53,8%.

En canto á xente con pauta completa fronte á Covid-19 maior de 12 anos en Galicia ascende a 2.346.349 persoas dunha poboación diana de 2.456.127, segundo os datos do Ministerio, que supón o 95,5 por cento, o que sitúa á Comunidade galega con maior porcentaxe de España, que conta cunha media do 92,5%.

Varios nenos acompañados, á súa chegada ao recinto feiral Expourense para ser vacinados contra a Covid-19 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press
Varios nenos acompañados, á súa chegada ao recinto feiral Expourense para ser vacinados contra a Covid-19 / Rosa Veiga - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta