Ferida de gravidade unha nena despois de ser atropelada na Estrada

Doutra banda, unha persoa resultou ferida de gravidade ao caerlle encima unha árbore nunha leira do lugar da Graña, no municipio pontevedrés de Pontevedra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2022 | Actualizada ás 21:47

Comparte esta noticia

Unha nena resultou ferida de gravidade ao ser alcanzada por un vehículo na Estrada, concretamente no punto quilométrico 201 da N-640, na parroquia de Callobre.

Segundo informa o 112 Galicia, recibiuse o aviso do atropelo a través da comunicación de varias persoas particulares ás 18,30 horas.

O 112 Galicia requiriu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero ata unha zona próxima ao lugar dos feitos; e tamén a da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, para prestar apoio ao equipo médico desprazado na aeronave medicalizada, na que a menor foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Ademais, informouse ao GES e a Protección Civil da Estrada.

FERIDO AO CAERLLE UNHA ÁRBORE EN VILABOA

Doutra banda, unha persoa resultou ferida de gravidade ao caerlle encima unha árbore nunha leira do lugar da Graña, no municipio pontevedrés de Pontevedra.

O suceso ocorreu preto das 11,00 horas. A esa hora, o 112 Galicia recibiu a alerta da situación da persoa ferida a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O servizo puxo os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil, dos Bombeiros do Morrazo e dos voluntarios de Protección Civil de Vilaboa e de Soutomaior.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Soutomaior, a persoa foi trasladada ao Hospital Montecelo.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta