Rosalía actuará na Coruña o 29 de xullo

Por E.P. | A CORUÑA | 18/04/2022 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

A artista Rosalía actuará o 29 de xullo na Coruña, unha das cidades da súa xira mundial para a presentación do seu último traballo, 'Motomami'. A cidade herculina será a única parada galega.

Este concerto enmárcase, segundo o goberno local, "na aposta do Concello da Coruña de situar a cidade no circuíto das mellores xiras internacionais e no seu compromiso por recuperar a celebración de grandes eventos culturais na cidade".

Ademais, o concerto encádrase no marco da programación do Xacobeo 21-22 polo que conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia. Co seu novo disco, 'Motomami', Rosalía xa bateu marcas con 5,79 millóns de streams nas primeiras 24 horas do seu lanzamento, lembran desde o consistorio.

Rosalía. CONCELLO DA CORUÑA
Rosalía. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Xian do Sil

Laxante puro

1 Sentidiño

E que vai recitar? Outra vez o Adiós ríos?