Denuncian o "colapso hidrolóxico crónico" do río Limia, que "incumpre" o caudal mínimo desde hai dez anos

A Sociedade Galega de Historia Natural relaciona as causas do "colapso" co "espectacular aumento das explotacións gandeiras industriais".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/04/2022 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

A Sociedade Galega de Historia Natural denunciou o "colapso hidrolóxico crónico" do río Limia, que incumpre os caudais mínimos establecidos pola Confederación Hidrográfica da conca Miño-Sil, limiares que, con todo, a entidade considera "ínfimos".

Monte calcinado na nacente do río Barbaña, entre Paderne de Allariz e Baños de Molgas.
Monte calcinado na nacente do río Barbaña, entre Paderne de Allariz e Baños de Molgas. | Fonte: @arboresdalimia

O colectivo asegura que estes limiares se incumpren de forma "reiterada" durante a última década, especialmente no caudal circulante, que "chegou a esborrallarse ata cifras dez veces menores que o caudal xerador".

Así, definen como "estrutural" a situación no río Limia, "esquecido" polas administracións e que o levou a unha situación de "alerta" e "emerxencia", que se declaran de forma periódica durante os últimos anos.

"A situación de prealerta foi tan frecuente como a de normalidade", denuncia a Sociedade Galega de Historia Natural, que relaciona as causas do "colapso" co "espectacular aumento das explotacións gandeiras industriais".

Esta situación, continúan, "ameaza os espazos naturais" da zona, polo que reclaman ás administracións un paquete de medidas para frear e corrixir a deterioración da conca.

Así, piden que non se concedan novos aproveitamentos de augas agás para abastecemento de poboacións, a revisión das concesións existentes para adecualas "á realidade hidrolóxica" e que se defina un protocolo para as situacións de prealerta, alerta e emerxencia que garanta o cumprimento da Lei de Augas e o Plan Hidrolóxico da conca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta