A Xunta espera que A Coruña e Oleiros apoien a pasarela con Santa Cristina

A Consellería de Infraestruturas reivindícaa como "necesaria".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2022 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mostrouse confiada en que os concellos da Coruña e Oleiros apoien a pasarela entre a cidade herculina e a praia de Santa Cristina, que cualificou de "necesaria". A preguntas dos xornalistas, manifestou que esperan "a aceptación do resto das administracións" de cara a un proxecto que a Xunta ten previsto licitar en maio e que podería ser usado por unhas 2.300 persoas ao día, entre peóns e ciclistas.

Respecto dos concellos da Coruña e Oleiros e que pasaría se non apoian esta actuación, sinalou que "os informes de viabilidade din que é un proxecto necesario, interesante e que moderniza a aposta pola mobilidade sustentable".

"Ninguén entendería que se perdan eses fondos europeos, fondos con criterios moi restritivos", expuxo. Por iso apelou a "sumar todos" xa que, ao seu xuízo non se podería entender "o bloqueo por parte doutras administracións" a unha infraestrutura "cunha rendibilidade positiva tan elevada".

Praia de Santa Cristina, Concello de Oleiros
Praia de Santa Cristina, Concello de Oleiros | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta