A Xunta négase a construír máis vivenda pública e logo culpa ao Goberno por non impulsala

No seu momento aseguraron que máis parque público "non vai solucionar os problemas dos galegos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2022 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, cualificou de "insuficientes" as medidas do Goberno central ante a crise xerada pola guerra de Ucraína para garantir infraestruturas e obra pública. Unhas declaracións rechamantes dado que o Partido Popular se negou semanas atrás a construír máis vivenda pública na Comunidade xa que, segundo apuntaron entón, "non vai solucionar os problemas dos galegos".

Aínda así, a conselleira coincidiu nesta xornada cos representantes do sector na necesidade de "medidas consensuadas". "E dialogadas entre o sector, comunidades autónomas e Goberno de España, para que podamos aplicar unha revisión de prezos homoxénea", engadiu.

Respecto diso, asegurou que ve "un risco en obxectivos importantes de infraestruturas coas medidas que aprobou o Goberno". Delas, dixo que chegan "tarde" e que son "insuficientes". A conselleira indicou, ademais, que a Xunta aprobará na próxima semana medidas para "aplicar a revisión de prezos" mentres espera que por parte do Executivo central se amplíe" esa revisión" dos mesmos. "Fundamental e esencial para que a obra pública non se pare", dixo, aludindo ademais, á posible perda de postos de traballo.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no pleno do Parlamento. XOÁN CRESPO
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no pleno do Parlamento. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta